O BNG ESIXE MEDIDAS ANTE A FALTA DE PERSOAL DOCENTE NO COLEXIO DE CALDELAS E PARA A ACTUALIZACIÓN DO MATERIAL ESCOLAR
Mª Carmen Núñez Méndez e José Martínez Tato, concelleiros do BNG no Concello de Tui
Infogauda / Caldelas de Tui
"A política de recortes de persoal educativo iniciada polo goberno Feijóo no ano 2010 lonxe de mitigarse, mantense con firmeza neste inicio de curso e contrasta coa propaganda da Xunta de que estamos nunha situación de recuperación económica", así o veñen de afirmar os concelleiros do BNG, no Concello de Tui, Mª Carmen Núñez Méndez e José Martínez Tato.
A voceira municipal do BNG de Tui, Mª Carmen Núñez denuncia que "o colexio público de Caldelas de Tui é un símbolo dos recurtes do Partido Popular, malia contar con 79 alumnas e alumnos e so 9 profesoras e profesores a Xunta de Galiza non tivo consideración nin de lles comunicar ao centro de ensino a non sustitución dunha das docentes que ven de xubilarse. Tivo que ser o colexio, cos seus propios medios o encargado de se cordinar facendo a unión das aulas troncais entre 1º e 2º de primaria os que suman un total de 18 alumnos e alumnas das cales, en 1º , hai 2 alumnos con necesidades especiais, e en 2º un alumno é hiperactivo, e outro ten altas capacidades.
Por se non fose dabondo, o alumnado de 3º e 5º de primaria vese na obriga de estudar con material da anterior lei educativa (LOE) empregados durante 9 cursos, sendo solicitado perante á administración pública a mudanza de material, da que a dia de hoxe aínda non obtiveron resposta".
Mª Carmen Núñez Méndez e José Martínez Tato adiantan que "o BNG vai esixir ao governo de Tui, no pleno deste xoves que inste á consellería de educación a atender estas demandas con celeridade para non prexudicar máis o inicio deste curso académico e para que demostre que de verdade respecta o ensino público no rural".
Ningún comentario:
Publicar un comentario