26 de set. de 2018

DEPORTES

Abertas as inscricións para a 15K do Atlántico ata o 3 de outubro  

Grupo de atletas na testa da 15k do Atlántico da edición precedente
Fotos: C. A. G.

Infogauda / Deportes

 A  proba deportiva 15k do Atlántico chega este ano a súa sexta edición o vindeiro domingo día 7 de outubro cun percorrido pola costa sur de Pontevedra, que terá inicio no Concello de Oia, pasará pola costa do Concello do Rosal para rematar no Porto da Guarda.  

 A 15k do Atlántico é unha das probas referentes do “correndo” galego, que na edición do 2017 superáronse os 800 atletas e que para este ano 2018, espérase chegar a preto dos 1.000 atletas.  

 O percorrido e as fermosas vistas das paisaxes da costa atlántica son uns dos principais atractivos, converténdose nun evento deportivo e tamén turístico, atravesando tramos da ruta xacobea denominada Camiño Portugués da Costa.  

 A proba partirá o domingo 7 de outubro ás 11:00 horas dende o Campo de Fútbol de Oia, combinando ao longo do seu percorrido treitos de asfalto e de terra ata chegar finalmente ó Paseo Marítimo de A Guarda.  

Grupo de participantes na edición de 2017, da andaina popular da 15k

 Paralelamente á carreira 15k e dentro da filosofía “Deporte Saudable” organízase tamén unha andaina popular de 12 kms. dende Oia ata A Guarda, na que un guía mostrará aqueles lugares máis emblemáticos da zona, para aqueles que desexen facer este fermoso percorrido pero a un ritmo máis suave.  

 As inscricións aínda están abertas ata o vindeiro mércores día 3 de outubro a través da plataforma en liña de championchipnorte, cun prezo de 4€ para a andaina e de 12€ para a 15k do Atlántico ata o próximo 30 de setembro e que pasará a ser de 4€ e de 14€ a partir do 1 de outubro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario