7 de ago. de 2018

TUI

A Xunta de Galicia colabora co festival Música no Claustro que se celebra na Catedral de Tui ata o venres 10 de agosto 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada pola xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde en Tui o obradoiro de imaxinería que correu a cargo do escultor Miguel Angel Tapia

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada pola xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe a última xornada do obradoiro de imaxinería que se enmarca no festival Música no Claustro

Infogauda / Tui

 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada pola xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe a última xornada do obradoiro de imaxinería que se enmarca no festival Música no Claustro, co que colabora a Xunta e se celebra na Catedral de Tui ata o próximo venres 10 de agosto.  

 No taller, Miguel Ángel Tapia compartiu cos participantes, de forma pedagóxica, os procesos de construción na imaxinería castelá. A actividade, organizada pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, contou coa colaboración do Centro Regional de Artesanía Castilla y León - CEARCAL. 

 Música no claustro, organizado polo Cabido da Catedral de Tui, conta coa colaboración da Xunta, o Concello de Tui e Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AJE), a través do fondo cultural AIEn-RUTa.  

 Baixo o leimotiv Reencontros e a dirección artística de Samuel Diz, Música no Claustro pon en común, un ano máis, a música, o patrimonio e a creación achegando o valor e a riqueza do patrimonio histórico que posúe a vila de Tui, ao tempo que permite desfrutar dunha programación multidisciplinar dirixida a todos os públicos. 

 Así, o programa acolle concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz, o taller e a conferencia de imaxinería castelá a cargo de Miguel Ángel Tapia ou sete percorridos arquitectónicos nocturnos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario