13 de ago. de 2018

O ROSAL

XXIX FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES

O evento - organizado pola Agrupación Musical do Rosal -terá lugar o sábado día 18 e o domingo día 19 de agosto



Informa: Agrupación Musical do Rosal

  Este fin de semana chega de novo, como cada verán, unha nova edición do Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989.    

 O sábado 18 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas. Este ano contaremos coa participación de dúas interesantes formacións. Intervirán a Banda de Música Municipal da Estrada, banda do noso actual director, José Javier Bascoy e tamén contaremos coa banda ourensana "A Lira de Ribadavia", que ven de gañar o Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia, na súa 3ª sección. Rematará o festival a nosa banda cun programa de música española, no que Márcio Pereira será o protagonista co seu requinto. 

 O domingo 19 de agosto será o turno das corais, no Auditorio do Rosal, ás 20:00 horas. Contaremos coa presenza da Coral Polifónico de Vila Nova de Cerveira (Portugal), dos nosos veciños da Guarda Coro Cantábile, dirixidos polo rosaleiro Avelino Ferreira e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario