24 de ago. de 2018

A GUARDA

A Guarda  renova o céspede artificial do Estadio Municipal da Sangriña

· Estas obras contan cun orzamento total de 169.595,78€ 

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a deputada provincial, Montserrat Magallanes Álvarez e o 1º tenente de alcalde Miguel Ángel Español Otero, no Estadio Municipal A Sangriña, supervisando en presenza dunha traballadora do Concello, o estado do céspede artificial
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda inicia o vindeiro luns os traballos de reposición do céspede artificial do Estadio Municipal da Sangriña, unhas actuacións que comezarán coa eliminación do recheo e a retirada do actual céspede, para despois verificar o estado da base de aglomerado inferior,  previa a colocación do novo céspede.  

 Estas obras lévanse grazas a unha subvención a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, despois de 11 anos de uso intensivo e desgaste do anterior céspede instalado.  

 Para esta actuación empregarase un céspede de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7, cunha base de 20mm e 45mm de altura, monofilamento 12,950Dtex, lastrado con area de sílice lavada e secada a fogo e caucho SBR3D. Este recheo é de maior resistencia os UV, reduce o efecto Saplash, (bote de balón), maior resistencia a pisada sen po no campo, e maior estabilidade   

 Tamén se substituirán as mallas das porterías, as bandeiras dos saques de esquina, así coma a revisión e posta a punto do sistema de rego e do correcto funcionamento da drenaxe do campo antes da finalización das obras, para unha correcta práctica deportiva nestas instalacións.  

 Agárdase que as obras se executen na maior brevidade posible, en beneficio dos usuarios destas instalacións deportivas municipais, contando cun orzamento total de 169.595,78€

Ningún comentario:

Publicar un comentario