Máis de 50 nadadores participaron na XXIII Travesía a nado do Porto da Guarda
· Un evento deportivo ligado á celebración da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
O alcalde e os nadadores nas escaleiras do Muelle Alto, no porto de A Guarda
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste sábado día 7 de xullo de 2018 o Porto da Guarda acolleu a XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento deportivo ligado á celebración da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que dende o venres celébrase na vila da Guarda.
Saída da XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda
Ás 12:00 horas os participantes tomaron a saída nesta proba, cunha boa temperatura da auga, que propiciou o goce deste deporte.
Entrega dos premios na carpa
Ás 13:0 horas realizouse no interior da carpa a entrega de premios, participando o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez e a Concelleira de Turismo e Deputada Provincial, Montserrat Magallanes Álvarez.
Nesta XXIII edición resultaron gañadores absolutos Marcos Martínez Martínez e Antía Ortego Porta, entregándose ademais premios para o nadador máis xove, Hugo Calvo Castro; o nadador máis veterano, Juan Enrique Salgado González; a nadadora máis xove, Laura Blanco Pérez; e a nadadora máis veterana, Iria Álvarez Nion.
Primeiros clasificados por
categorías:
Categoría E – Nados entre 2003 e 2006
1ª
Laura Blanco Pérez
2ª
Ana Paula Eijo Gil
Categoría F – Nados entre 1998 e 2002
1ª
Antía Ortego Porta
2ª
Irene Rivadulla Mallo
Categoría G – Nados entre 1981 e 1997
1ª
Sandra Vidal Lino
2ª
Sara Noa Martínez Rodríguez
3ª
Carolina Carrera Pérez
Categoría H – Nados entre 1980 e anteriores
1ª
Iria Álvarez Nion
2ª
María Costa Ríos
3ª
Ledicia Seoane Núñez
Categoría I – Nados entre 2003 e 2006
1º
Marcos Martínez Martínez
2º
Diego Gutiérrez López
3º Sul Baz Oliveira
Categoría J – Nados entre 1998 e 2002
1º Jorge Calvo Castro
2º
Pedro Comesaña Amoedo
Categoría K – Nados entre 1981 e 1997
1º
Eugenio Miguez González
2º
David Comesaña Amoedo
3º
Adrián Trillo Rodríguez
Categoría L – Nados entre 1980 e anteriores
1º
Ramón Vázquez Otero
2º
Miguel Fins Seoane
3º
Javier Olea Coomonte
Casificación Xeral 1.500 m.
1º
Marcos Martínez Martínez
2º
Antía Ortego Porta
3º
Ramón Vázquez Otero
4º
Miguel Fins Seoane
5º
Eugenio Míguez González
6º
Javier Olea Coomontte
7º
Diego Gutiérrez López
8º
Jorge Calvo Castro
9º
Laura Blanco Pérez
10º Rafael
Salcidos Vázquez
Este evento deportivo estivo organizado pola Concellería de Deportes do Concello da Guarda en colaboración co Clube de Remo Robaleira, o Clube Alagua, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e Río Verde embarcacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario