CULTURA
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA ORGANIZA O ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DO XXXII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE
Que se celebrará o sábado día 14 de xullo, ás 20:30 h., no salón de actos do Centro Cultural da Vila
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Agrupación Cultural Guardesa, entidade que preside Julia Sobrino González, convida a toda á cidadanía o acto de entrega de premios do XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente.
O evento, que terá lugar o sábado día 14 de xullo, ás 20:30 h., no salón de actos do Centro Cultural da Vila, contará coa participación da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, dirixida por David González Sobrino.
Como xa informamos oportunamente, o xurado acordou premiar aos seguintes poetas:
1º Premio: Manuel Álvarez Álvarez, de A Gándara (A Guarda), polo poema “dona marta lúcia”
2º Premio: Carmeliña García Pereira, de Vigo, polo poema “O Moucho”
3º Premio: Sonia Pérez Pedrosa, de Adra (Almería), polo poema “E Non”
O XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente conta co patrocinio do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario