9 de xul. de 2018

A GUARDA

Gestión Democrática de A Guarda abre unha campaña para que os centros escolares guardeses sexan cardioprotexidos no curso 2018/2019  
Gestión Democrática / A Guarda

 En España estímase que cada ano prodúcense máis de 30.000 paradas cardíacas, o que equivale a unha media dun paro cardíaco cada 20 minutos, ocasionando 4 veces máis mortes que os accidentes de tráfico.  

 A morte súbita é un problema sanitario de primeira magnitude, representa un 15% de todas as mortes.En España non temos unha estatística demasiado precisa, pero calcúlase que aproximadamente entre 40.000 e 60.000 españois falecen súbitamente cada ano. Entre un 40 e 60% dos casos dáse en pacientes nos que a morte súbita é o primeiro síntoma de enfermidade, son corazóns "demasiado bós para morrer". Sen unha rápida actuación a maioría dos pacientes falecerá en minutos, por iso a rapidez da asistencia sanitaria é esencial. 

 Os colexios e centros educativos son unha das prioridades, pero tan só o 5% de centros escolares conta cun desfibrilador nas súas instalacións.  Os colexios son puntos nos que, ademais da cantidade de nenos que acoden diariamente ás súas clases, contan cunha importante cifra de adultos na súa contorna. Tanto os profesores como calquera que forme parte do persoal do centro, así como os familiares que levan e recollen aos pequenos, estarían tamén baixo a influencia do desfibrilador por se se dese algunha incidencia cardíaca. 

 Según datos ofrecidos por empresas especializadas,no estado español nesta estimación, afástanse doutros países como Francia ou Alemaña, onde a cifra de colexios cardioprotexidos alcanza un 40%. En España aínda hai moito por facer para concienciar á poboación da importancia da cardioprotección e a necesidade de coñecer as técnicas de reanimación cardiopulmonar, xa que os datos non son positivos neste sentido. 

 Con estes datos tan alarmantes queremos poñer o noso granito de área, comenta en palabras textuais do presidente local desta formación política, Xermán Cordeiro Verde. Ante unha poboación tan abundante como son os nosos estudantes, só hai que pararse nun momento e pensar cuantos estudantes veñen ao instituto da Sangriña. Ademais, non só van cubrir no horario lectivo, senón que tamén nas actividades extraescolares que organizan as AMPAS e os propios centros. Por iso nos vimos na necesidade de presentar esta moción por rexistro de entrada do concello, para solicitar que se debatan en pleno os seguintes puntos: 

1. Que por parte do Concello ábrase unha campaña para a concienciación do uso dos desfibriladores entre o persoal dos centros educativos do noso concello.  

2. Que mediante un convenio entre as AMPAS e Concello se dote aos centros escolares tanto públicos como concertados, de educación especial, garderías do municipio, de desfibriladores, así coma o conservatorio de música e a biblioteca pública. 

 Desexamos que esta moción teña cabida nalgún grupo municipal que no la represente, e que saia adiante dada a importancia que leva, así como que o Concello empece a dotar a outras instalacións como o propio concello, edificios públicos, así coma aos vehículos da Policía Local de desfibriladores, e poder ir sumando máis instalacións cardioprotexidas no municipio guardés.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario