2 de xul. de 2018

A GUARDA

Nancho Novo será o pregoeiro da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Este venres día 6 de xullo a partires das 21:00 horas na Praza do Reló


Nancho Novo, actor, humorista e cantante galego

Jorge Alonso / A Guarda

 O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, será o responsable de dar o pregón da  XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira este venres día 6 de xullo a partires das 21:00 horas na Praza do Reló, da Guarda. 

 Nado en 1958 na Coruña, combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock “Los Castigados sin postre”. 

 Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo “El Club de la Comedia” e participa coma colaborador no programa radiofónico “Hoy por hoy Madrid” de Radio Madrid. 

 O seu debut coma actor profesional remontase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu an súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como “Fariña”. 

 Como ven sendo habitual a lectura do pregón será a noitiña, dando o “pistoletazo” de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da comarca do Baixo Miño. 

 Grazas á excelente habilidade humorística de Nancho Novo está asegurado que o seu pregón será unha cita que non te debes perder e dende o Concello da Guarda convídase a todo o público a asistir. 

Nancho Novo, realizará o seu espectáculo “El Cavernícola” na carpa no Porto da Guarda


 Tralo pregón realizarase a apertura da carpa no Porto da Guarda onde xa se poderán degustar os produtos do mar e da cociña mariñeira. Será sobre as 22:30 horas cando Nancho Novo realice o seu espectáculo “El Cavernícola”, obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1.200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.  

 Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizarase un serán mariñeiro contando coas actuacións de máis dunha decena de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizarán esta noite.  

 Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de langosta custará 25€, pero tamén haberá outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo… a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema Guardesa, con racións dende 1,5€.  

Programación variada e para todas as idades 

 A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá inicio o venres 6 de xuño co acto de lectura do pregón na Praza do Reló ás 21:00h, que nesta edición recae no recoñecido actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Esa mesma noite ás 22:30h fará unha actuación na carpa do Porto, presentando o seu espectáculo “Cavernícola”.  

 Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.  

 O domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.  

 Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar, a Fortaleza de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos. Non esquezades o bañador!. Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario