NOVO REPARTO DE COMPOSTEIROS EN MONDARIZ E MONDARIZ BALNEARIO AO ABEIRO DO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN
As reunións formativas sobre compostaxe serán este venres 29 ás 20 horas en Mondariz e o sábado 30 ás 12 horas en Mondariz Balneario
Nos repartos, que incluirán tamén explicacións formativas sobre compostaxe estarán presentes tanto a equipa do Plan Revitaliza (mestras e mestres composteiros), un técnico da asociación ecoloxista Amigos da Terra (Gustavo Cochón), así como responsables municipais de cadanseu goberno local.
Foto: D. P.
Infogauda / Mondariz / Mondariz Balneario
A Deputación de Pontevedra vén de convocar novos repartos de composteiros individuais do Plan Revitaliza nos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario para que toda a veciñanza dos dous municipios poida tratar os seus restos orgánicos (residuos de cociña e de xardín) mediante a compostaxe antes de finais de ano. No concello de Mondariz a entrega de composteiros será este venres 29 ás 20:00 horas, na parroquia de Toutón, no local da comunidade de montes, onde están convocados máis dun cento de veciños e veciñas propietarios de casas unifamiliares con finca. No concello de Mondariz Balneario o reparto será o sábado 30 ás 12:00 horas no auditorio da planta baixa da Casa do Concello, e están citadas máis de 70 persoas.
Segundo explica Estefanía Alfonsín, técnica de residuos da Deputación, estase a citar por teléfono á veciñanza de xeito personalizado e agárdase ter un novo éxito de asistencia, como aconteceu en pasadas ocasións. Nos repartos, que incluirán tamén explicacións formativas sobre compostaxe estarán presentes tanto a equipa do Plan Revitaliza (mestras e mestres composteiros), un técnico da asociación ecoloxista Amigos da Terra (Gustavo Cochón), así como responsables municipais de cadanseu goberno local.
Na reunión entregarase a cada veciño e veciña un composteiro doméstico de exterior, un aireador, un termómetro analóxico e un manual de compostaxe. Na charla explicaranse os motivos polos que é importante a xestión do lixo a travésdo Plan Revitaliza da Deputación e cuestións prácticas do novo sistema de xestión dos residuos en ambas vilas, así como do funcionamento dos puntos verdes de intercambio de podas e estruturante.
O representante de Amigos da Terra (AdT) explicará cuestións xerais sobre o lixo, apuntando que máis da metade do que se produce nos domicilios é de tipo orgánico, e que non é eficaz nin económica nin ambientalmente falando levalo a queimar a Sogama.Cochón tamén falará dos beneficios da compostaxe, indicará como se debe instalar o composteiro individual (COIN) na finca, os materiais compostables e os que non se deben botar no COIN, así como a importancia de aportar estruturante cando se depositan restos orgánicos.
Seguimento técnico
É preciso lembrar que durante os primeiros doce meses nos que a veciñanza comece a compostar os seus residuos orgánicos nos COIN do Plan Revitaliza, as persoas usuarias van dispor de asesoramento e seguimento directo, xa que recibiránunha media de tres visitas domiciliariasdas técnicas de Amigos da Terra. Nestas visitas o persoal comprobará que o proceso se fai correctamente medindo todos os parámetros, e resolverá dúbidas. Tamén estará a disposición da cidadanía o persoal técnico da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario