Festival peche de proxecto "Elefantes de Papel"
· Este xoves, día 28 de xuño de 2018 ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Vila
Jorge Alonso / A Guarda
Este xoves, día 28 de xuño de 2018, o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle un Festival de peche de Proxecto de “Elefantes de Papel”.
O festival, que comezará ás 20:00 horas, contará con música, teatro, proxeccións, lectura de relatos e moitas novidades sobre este proxecto solidario no que participa tamén o colectivo local Conrazones.
María Salinas e Berto Pirata, asinando exemplares do libro solidario “Elefantes de Papel”, do que son coautores
O Elefantiño foi una ferramenta empregada por María Salinas e Berto Pirata ao longo dos 9 meses de duración deste proxecto, cun total de 52 presentacións, que motivou unha marea solidaria alí onde o proxecto fixo escala, ligado a un libro que se vendeu e que, cos seus beneficios económicos, realizaranse diversas actividades solidarias que serán explicadas máis polo miúdo este xoves no Centro Cultural da Guarda.
Portada do libro “Elefantes de Papel”
O libro, está escrito tamén en braille, e ademais de colaborar con Conrazones, se tenta dar visibilidade a moitas asociacións e ONG´s, implicando a unha ampla representación da poboación coas presentacións realizadas en centros educativos, centros de maiores, de diversidades, debatindo sobre o machismo, racismo, as diferenzas entre a caridade e a solidariedade, entre outros.
Dende Elefantes de Papel convidan á cidadanía guardesa a achegarse ao Centro Cultural este xoves ás 20:00 horas, para gozar do final deste gran proxecto de solidariedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario