28 de xuño de 2018

A GUARDA

José Antonio Taboada Veiga: 37 anos de servizo no Concello da Guarda

 José Antonio Taboada Veiga
Foto: C. A. G.

Jorge Alonso / A Guarda

 José Antonio Taboada Veiga, xefe da Policía Local da Guarda, xubílase despois de 37 anos de servizo na Policía Local do municipio.  

 O 2 de xaneiro de 1982 entrou a formar parte da Policía Local da Guarda e dende fai 10 anos exercía coma Xefe Oficial, coordinando aos diferentes membros deste departamento na atención aos cidadáns, xestións de tráfico, accidentes, rescates, entre outros.  

 Recorda José Antonio algunhas actuacións destacadas coma un atraco nunha sucursal bancaria do municipio ou a resolucións de conflitos nocturnos, agradecendo sempre o trato recibido por parte dos seus compañeiros e tamén dos membros das diferentes corporacións municipais que pasaron ao longo destes anos pola Guarda.  

 José Antonio valorou moi positivamente o trato coa xente do pobo, a resolucións dos seus problemas de xeito pacífico, cunha vocación profesional admirable.  

 A partires de agora ábrese unha nova etapa na súa vida, “estou desexando xubilarme, pero aínda non sei como vai a ser esta nova etapa da miña vida” adiantou que ía investir boa parte do seu tempo a estar coa súa familia, así coma a súa gran paixón, os paxaros, contando con máis dunha trintena deles, ente canarios, xilgueiros, pombas…. Tamén investirá outra parte do seu tempo libre a camiñar e pasear pola Guarda, a vila da que se sente namorado. A súa muller, dende logo agradecerá este novo tempo libre, despois de pasar tantas horas de traballo no Concello.  

 Dende o Concello da Guarda agradécese o traballo deste gran profesional ao longo destes 37 anos de servizo. Merecido descanso José Antonio.

2 comentarios:

  1. Grande. un buen profecional y una gran persona humilde de corazon y un gran padre felicitaciones juan un abrazo ala distacia Dios te bendiga siempre

    ResponderEliminar
  2. Grande. un buen profecional y una gran persona humilde de corazon y un gran padre felicitaciones juan un abrazo ala distacia Dios te bendiga siempre

    ResponderEliminar