18 de xuño de 2018

A GUARDA

XIV Festival Luso-Galaico de Xamaraina 



Jorge Alonso / A Guarda

 O pasado Sábado día 16 de xuño de 2018 celebrouse no Auditorio de San Bieito de A Guarda, a XIV edición do Festival Luso-Galaico de Xamaraina, un evento organizado polo Grupo de Baile Xamaraina en colaboración co Concello de A Guarda. 

 O acto, que estivo presentado por María Elena Baz Rodríguez, comezou cun pasarrúas dende o Monumento o Pescador, e deseguido os grupos fixeron a súa entrada no Auditorio de San Bieito entre os aplausos dos alí presentes. 

 Neste evento, cargado de música e baile, participaron os grupos Doxe nun Ano, de A Guarda, A. C. Brisas do Quenllo, de Tordoia (A Coruña), Rancho Folclórico de Boelhe (Portugal), Grupo El Caño, de Galapagar (Madrid) e Xamaraina, de A Guarda. 


 Xamaraina leva anos organizando festivais culturais, folclóricos, de baile moderno, entre outros que ano a ano consitúen unas das citas ineludibles da axenda e da programación de verán, na súa actuación estiveron acompañados por parte do grupo Carainas e contaron coa actuación da Pandeirada de Tello. 

 Doxe nun ano fixo a súa actuación acompañados do grupo de Pandereteiras Paliqueiras, con Tecla á gaita, con cancións moi coñecidas. 


 O Rancho Folclórico de Boelhe nado nos anos 70, do pasado século, ten una ampla tradición e ainda que durante moitos anos estiveron sen actividade, recentemente recuperaron danzas tradicionais que puxeron en escea coas pezas, "Rebela", "Vira Velho", "Excote" e "Verdegar", no Auditorio de San Bieito. 

 A Asociación Cultural Brisas do Quenllo xurde no ano 1998 no Concello de Tordoia, dende entón levan a súa música e baile por toda a xeografía galega, contando na actualidade cuns 40 integrantes na súa formación. 


 A Asociación Folkórico-Cultural El Caño ten os seus inicios no ano 2004 coa finalidade de recuperar e transmitir o folclore da súa rexión, integrando no seu repertorio musical pezas musicais de distintos municipios madrileños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario