IIª FEIRA DA CAMELIA DO ROSAL
Sábado día 7 e domingo día 8 de abril de 2018
Infogauda / O Rosal
Este ano na IIª Feira da Camelia do Rosal exporanse ata 400 variedades de camelias.
Haberá venda de productos derivados: perfumes, xabróns, aceites,…, todos artesanais.
Tamén haberá exhibicións, presentación de produtos, obradoiro de mosaico, e moitas maís actividades, que farán desta fin de semana unha cita obrigada no Salón de Exposicións da Praza do Calvario.
Horarios:
7 de abril (sábado): Apertura e presentación ás 13.00h e pola tarde de 16.00 a 20.00 h.
8 de abril (domingo): De 10.00 a 13.00 e pola tarde de 16.00 a 20.00 h.
Obradoiro de mosaicos: domingo pola mañá, previa inscrición no concello.
Exposición de traballos dos alumnos/as de pintura do Rosal.
Esta actuación conta coa colaboración e financiamento da Deputación Provincial dentro do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018 Liña 2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario