20 de abr. de 2018

LABORAL

O persoal de Povisa traslada as protestas até a delegación da Xunta en Vigo 

Reclaman a negociación do convenio colectivo tras oito anos paralizado

Representantes sindicais e traballadores/as do hospital privado desenvolveron unha concentración ás portas do edificio autonómico na cidade
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Povisa continuou onte coas protestas para reclamar a negociación do convenio colectivo, que leva paralizado dende 2010, aínda que nesta ocasión cambiaron o centro médico pola delegación da Xunta en Vigo. Representantes sindicais e traballadores/as do hospital privado desenvolveron unha concentración ás portas do edificio autonómico na cidade de 11:00 a 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario