3 de abr. de 2018

GOIÁN

CINEMA


O CINECLUB POLEIRO OFRECE A PELÍCULA PORTUGUESA CARTAS DE GUERRA

O XOVES 5 DE ABRIL, ÁS 21:30 H., NO AUDITORIO DE GOIÁN 


Rita Alonso / Goián  

 O ciclo de películas relacionadas coa literatura, escritores e as suas creacións, ofrece o xoves 5 de abril a película Cartas de guerra, do director portugués Ivo Ferreira. O pase será ás 21:30 h., no auditorio de Goián.  

 Cartas de guerra é unha adaptación da obra do escritor Antonio Lobo Antunes, do mesmo nome.  

Sinopse: 

 Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escribía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.   

 Estamos en 1971, en Angola. O exército portugués recluta a Lobo Antunes para exercer como médico nesa zona da guerra colonial. Vai namorándose de África e madurando políticamente xunto a toda unha xeración que atopa nas cartas unha maneira de amarrarse á supervivencia mentres Portugal se enfronta ao fin do imperialismo. 

 O xoves 3 de maio é o turno de “Paterson” escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina, ela, soñadora infatigable.    

 O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario