4 de abr. de 2018

DEPORTES

REMO

O CLUB DE REMO ROBALEIRA PRESENTOU DOUS NOVOS BATEIS

Que foron patrocinados polas empresas: MECALIA, OR.PA.GU., ARDORA e  A ROSALEIRA




 Infogauda / A Guarda

 O Clube de Remo Robaleira, ven de presentar dous novos bateis, que foron patrocinados polas empresas: MECALIA, OR.PA.GU., ARDORA e  A ROSALEIRA, cos que pretende dar un novo pulo as súas actuacións, que fagan volver a reverdecer as conquistas logradas noutras temporadas.  

 Estas dúas embarcacións, foron recibidas con grandes mostras de alegría por parte da Xunta Directiva, encabezada por Iván Cadilla Coballes, quen manifestou o séu agradecemento os séus patrocinadores e por creer e confiar nas tripulacións que hoxe en día forman a gran familia Robaleira e que manteñen as expectativas dún futuro cheo de optimismo e de grandes resultados, para que poidan seguir sendo un gran embaixador deste pobo e que A Guarda, siga sendo un referente no remo galego e español, enchendo de ledicia a séus siareios que non escatiman o respaldo do clube e siguen acompañandolles en todas aquelas confrontacións nos campos de regatas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario