30 de abr. de 2018

A GUARDA

A OMIX promove un obradoiro de sketching

En colaboración coa Escola Superior Gallaecia  


Infogauda / A Guarda

 A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición no obradoiro de sketching que se celebrará en maio en colaboración coa Escola Superior Gallaecia.   

 O taller de artes plásticas centrarase na elaboración de bosquexos, principalmente de elementos urbanos e obxectos varios, facendo deles unha obra artística. O obradoiro impartirase no antigo colexio Sinde os días 8 (de 15:00 a 18:00 h) e 9 de maio (de 16:00 a 18:00 horas). 

 Durante as 5 horas de formación, os participantes poderán adquirir as ferramentas necesarias para sacar proveito as súas habilidades plásticas, combinando o deseño cos recursos e materiais propios desta disciplina artística. 

 As persoas interesadas poderán inscribirse de balde na OMIX, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico informacion@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario