XAMARAINA CONMEMORA SEU XVº ANIVERSARIO
Este sábado día 7 de abril, ás 20:00 h., no Centro Cultural da vila
Infogauda / A Guarda
O Grupo Xamaraina está de celebración. Nada menos que o seu XVº aniversario. Que se dí moi axiña, pero que ten un alto compoñente de traballo para á directora e tódolas/os compoñentes, así como para súas respectivas familias, que ben merecen un día de festa, na que o respectable público, como é natural, está convidado.
Por iso, este sábado día 7 de abril, ás 20:00 h., no salón de actos do Centro Cultural da vila teremos oportunidade de compartir ese fito coa ledicia que corresponde, nunha andaina cultural como á de Xamaraina.

Ningún comentario:
Publicar un comentario