3 de abr. de 2018

A GUARDA

CULTURA

Aberto o prazo para participar no Certame de Microrrelatos 2018  

Todos os participantes recibirán un agasallo e verán expostos os seus traballos a partir do 20 de abril 



Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda ven de abrir o prazo para participar no Certame de Microrrelatos 2018, co obxectivo busca fomentar a lectura, o talento e a creación literaria entre as persoas adultas e os máis mozos do municipio.   

 Todas aquelas persoas que desexen aportar a súa breve narración, poderán facelo ata o vindeiro 17 de abril entregando unha copia impresa no departamento de Cultura do Concello da Guarda (entre as 9 e as 14 h de luns a venres) ou no Centro Cultural (de 10 a 13 h e de 17 a 20 h de luns a venres e de 10 a 13 h os sábados).   

 A convocatoria está aberta á participación de persoas de tódalas idades e a temática será libre, namentres os textos deberán cumprir os seguintes requisitos: deben estar escritos en lingua galega, non debe superar as 150 palabras (sen incluír o título) e deben ser orixinais e inéditos.   

 O 20 de abril farase entrega dun agasallo a todos os participantes neste Certame de Microrrelatos 2018 na Biblioteca Municipal ás 18 horas. Deseguido, procederase a expor todos os traballos recibidos no Centro Cultural.   

 O Certame de Microrrelatos é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello da Guarda coa que se conmemora o Día Internacional do Libro (23 de abril) e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario