Previsións da CIG de Vigo para este mércores día 7:
10:30 horas: rolda de prensa no local do sindicato (rúa Gregorio Espino, 47) para ofrecer os detalles da mobilización do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. O secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, aproveitará a comparecencia para presentar un informe elaborado polo sindicato sobre a situación socioeconómica e laboral da bisbarra nos últimos dez anos.
11:00 horas: concentración diante do hospital Fátima (Vía Norte) coincidindo coa convocatoria de folga na sanidade privada da provincia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario