Con motivo do Día Internacional da Muller
Baixo o slogan “PIES, PARA QUÉ LOS QUIERO SI TENGO ALAS PARA VOLAR” da pintora mexicana Frida Kahlo, o partido político Gestión Democrática, ben a conmemorar o Día Internacional da Muller.
No día de hoxe 8 de marzo, desde este partido político, que vén mantendo desde o seu nacemento a igualdade entre persoas e a equidade de oportunidade, como principios básicos das súas políticas, non podiamos deixar de estar á beira dos colectivos que loitan pola igualdade, mostrando o noso apoio para revindicar os seus dereitos, e participando en todos aqueles eventos que organicen.
A igualdade de salarios, a oportunidade de obter un traballo, o coidado dos nosos seres queridos son tarefas que non teñen sexo, e a educación en igualdade é a solución que desde Gestión Democrática mantemos para loitar contra esta inxustiza.
Con motivo deste día, o presidente do Comité Municipal de Gestión Democrática da Guarda, Xermán Cordero Verde, vai a participar na concentración que terá lugar as portas do Concello de A Guarda organizada polo Concello.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario