11 de feb. de 2018

O ROSAL

O DESFILE DO DOMINGO DE ENTROIDO MOTIVOU QUE ROSALEIROS E VISITANTES SAÍSEN A RÚA

Na imaxe algunhas das compoñentes da Comparsa Ciklón
Foto: Laxe Grande


Infogauda / O Rosal

 Ainda que ás previsions metereolóxicas non eran propicias, o chuvia deixou celebrar o Desfile do Domingo de Entroido organizado polo Concello do Rosal.

 O evento comezou a hora prevista e contou con moita afluencia de público, ainda que menos que en edicións precedentes, precisamente por causa da climatoloxía.

 Con unha temperatura bastante grata (13º), ninguén pudo decir que ía frío.

 Ademais dos participantes individuais, con disfraces moi vistosos, tamén houbo varias comparsas que rivalizaron en canto a número de compoñentes, coreografías, indumentarias e fantasías, que fixeron disfrutar a pequenos e maiores o longo de todo o percorrido.

 Compre salientar que a chuvia fixo acto de presenza no tramo final do desfile o que motivou que moitas persoas se fosen antes do previsto, precisamente por iso. Outras buscaron abrigo nos soportais da rúa Ramón Franco ou nos establementos da Praza do Calvario.

 No desenvolvemento do Desfile do Domingo de Entroido colabouraron tanto a Policía Local do Rosal como Voluntarios da Agrupación de Protección Civil.

 Por outra parte compre salientar que á celebración do Entroido rosaleiro ten seu epicentro na praza de Fornelos, con un programa de moito nivel, e que comprende os tres días principais de festexos.

 Asemade, os veciños de Novás non deixarán de celebrar o Entroido, con un contido baseado na tradición gastronómica destas datas.

 GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario