5 de feb. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

Asemblea delegados/as folga mulleres, 10 de Marzo e protesta pensións 


CIG / Vigo

 A CIG de Vigo celebra este martes día 6 unha asemblea de delegados/as no salón de actos dos Capuchinos (rúa Vázquez Varela, 15) ás 10:00 horas para abordar a convocatoria de folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo e as mobilizacións que se celebrarán coincidindo coa celebración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. 

 Ás 12:00 horas os participantes sairán en manifestación até a delegación provincial da Tesourería da Seguridade Social (rúa García Barbón, 36) para rexeitar a reforma do sistema público de pensións e reclamar o mantemento do poder adquisitivo das prestacións. 

 Precisamente con este mesmo obxectivo, o colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Vigo desenvolverá unha nova manifestación na rúa do Príncipe este mércores 7 ás 11:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario