PREVISIÓN PARA O XOVES DÍA 18 DE XANEIRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID / CASA DE GALICIA
Xoves, 18 19:30 horas
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Rolda de prensa/presentación de “MUXÍA RURAL, DESTINO ORNITOLÓXICO”, dado que a zona está considerada polos expertos como un dos lugares máis importantes da xeografía española para o avistamento de aves migratorias pouco frecuentes e dispón de tres amplas rutas para poder facelo. “Muxía rural, destino ornitolóxico” é unha experiencia na que colaboran os establecementos de turismo rural da vila coruñesa e inclúe o concurso fotográfico “Muxía a vista de paxaro”.
No acto, organizado pola Asociación Muxía Turismo Rural en colaboración co Concello de Muxía, intervirán: o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o alcalde de Muxía, Félix Porto; o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira; o presidente da Asociación Española de Autónomos, Lorenzo Amor; Francisco Canabal, membro do Clúster de Galicia; e o presidente da Asociación Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario