A FEDERACIÓN DE SERVIZOS DA CIG DE VIGO ASINOU SEIS CONVENIOS
Durante os últimos días do ano 2017
Infogauda / Vigo
A
federación de Servizos da CIG de Vigo asinou durante os últimos días do ano
2017 seis convenios. Dende a central valoran moi positivamente os acordos e
salientan o feito de que ter a maioría no comité ou ser o único sindicato con
representación nas empresas permite lograr importantes avances laborais e
salariais. “A nosa politica sindical de dotar os centros de traballo de
convenios colectivos propios está a dar moitos froitos á hora de mellorar as
condicións, afirmou a este xornal dixital, Transi Fernández, secretaria nacional da federación da CIG-Servizos .
Limpeza
colexios públicos Vigo
Empresa
Mantelnor. O cadro de persoal está formado por 165 persoas -o 98% mulleres con
contratos a tempo parcial- cun comité de nove onde a CIG ten a maioría (seis
delegadas). O convenio establece 35 horas semanais e tres pagas extras
completas, mentres que unha cuarta paga farase completa en 2019. O incremento
salarial supera o 3%, cunha claúsula para os tempos parciais que garante que en
caso de xubilación, incapacidade temporal, ampliación de centro ou cese
voluntario as horas deixadas pasarán ás compañeiras/os que non teñan xornada
completa. Isto suporá un aumento para as que teñan a posibilidade de
conseguila, co que se garante non perder as xornadas. O plus de antigüidade
será do 5% do salario base cada tres anos, o que significa un aumento do 1,68%.
Limpeza
dependencias municipais Vigo
Empresa
Mantelnor. Cadro de persoal de 77 persoas -o 70 % mulleres a tempo parcial-,
cun comité de cinco onde a CIG ten a maioría con tres delegadas. Convenio de
36,5 horas á semana con tres pagas extras completas e cunha cuarta paga fixada
en 320 euros. O incremento supera o 3%, cunha claúsula para os tempos parciais
que garante que en caso de xubilación, incapacidade temporal, ampliación de
centro ou cese voluntario as horas deixadas pasarán ás compañeiras/os que non
teñan xornada completa. Terán aumento as que teñan a posibilidade de
conseguila, co que se garante non perder as xornadas. O plus de antigüidade é
do 5% do salario base cada tres anos, o que supón un aumento do 1,68%. No ano
2020 o plus de transporte de 98 euros pasará a formar parte do salario base,
aumentando por tanto o salario e as pagas extras.
Limpeza
hospital Álvaro Cunqueiro
Empresa
Acciona. Cadro de persoal de 180 persoas, con comité de nove onde a CIG ten a
maioría con cinco delegadas. Convenio de 37,5 horas semanais, equiparadas ao
persoal subalterno do Sergas. Creáronse tres novos pluses: de aparcadoiro (115
euros); de axuda escolar (70 euros); e de discapacidade (100 euros).
Real
Club Celta
Regula
as condicións do club. O comité de nove delegados/as ten unicamente
representación da CIG. O convenio incorpora importantes melloras, sobre todo a
nivel salarial: os soldos aumentan un 9%, consolidándose a antigüidade e
incluíndo ademais catros pagas extraordinarias. Os aspectos sociais foron
mellorados con respecto ao Estatuto dos Traballadores/as.
Recollida
lixo Nigrán
Empresa
Ferrovial. Cadro de persoal de 22 traballadores/as. A representación sindical é
un delegado da CIG. O convenio terá un ano de duración e fixa un incremento de
400 euros anuais. Só se negociaron incrementos salariais dado que a
concesionaria está pendente de revisión de prezos.
Conservación
parques infantiles Vigo
Empresa
Ferrocial. Cadro de persoal de 6 traballadores/as. Representación sindical, un delegado
da CIG. Logrouse facer un convenio de empresa para a concesionaria, que até o
de agora aplicaba o estatal de Químicas. O que se vén de asinar, ao ser o
primeiro, incorpora múltiples cuestións e fixa importantes melloras:
-Incrementos
salarias por enriba do IPC (1,7%), con revisión salarial.
-Baixas
ao 100%.
-Tres
pagas extras.
-Pus
de antigüidade
-Claúsula
de subrogación.
-Permiso
retribuído para consultorios médicos.
-Tres
días de asuntos propios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario