17 de xan. de 2018

A GUARDA

O Concello da Guarda acolle a exposición fotográfica do XI certame «Viaxando»  

Poderá visitarse ata o 15 de febreiro 

O concurso contou coa participación de máis de 20 mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda acolle a exposición formada polas fotografías participantes no XI Certame Fotográfico «Viaxando».  

 O concurso -organizado polas OMIX dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui- contou coa participación de máis de 20 mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega. A fotografía gañadora do certame, que se deu a coñecer no mes de outubro, foi «Namorados no Interrail», obra do tomiñés Daniel Álvarez Fonterosa.   

 A exposición poderá visitarse ata o 15 de febreiro na casa consistorial, data na que a mostra seguirá coa súa ruta polos restantes concellos organizadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario