16 de xan. de 2018

A GUARDA

A Guarda estará presente na 38ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR)

         
A fotografía corresponde á edición precedente de FITUR, na que A Guarda participou xunto coa Deputación de Pontevedra na presentación do Camiño Portugués pola Costa que está unha grande acollida
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda estará presente, un ano máis, na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebrará a súa trixésimo oitava edición entre os días 17 e 21 de xaneiro. 

 A Guarda promocionarase no expositor de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12:00 h., estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra no que se promocionará o Destino Rías Baixas no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. 

 Durante estas xornadas, a delegación da Guarda -formada polo alcalde, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Patrimonio, Manuel Javier Crespo González - manterá diversas reunións con maioristas e asociacións de Turismo, co obxectivo de potenciar a promoción da vila guardesa como destino turístico. 

 Dentro da programación de actividades e encontros da representación guardesa nesta nova edición de FITUR, destaca tamén a participación no acto de entrega do Premio dos Destinos EDEN (European Destinations of Excellence) 2017, que terá lugar no expositor de Turespaña. Tras o acto, a técnica de Turismo do Concello da Guarda, Rosalía Verde Pérez, asistirá á reunión técnica dos Destinos EDEN que anualmente se celebra coincidindo coa celebracion da feira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario