23 de dec. de 2017

SALCEDA DE CASELAS

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA (VOCEIRO DO PP DE SALCEDA DE CASELAS): “OS SALCEDENSES PAGAREMOS 24.000,00 EUROS POR 24 METROS CADRADOS DE TERREO” 

A Administración salcedense condenada pola ocupación ilegal dun terreo   

O Alcalde executou as obras sen acto administrativo, sen expediente de expropiación e sen autorización da propietaria da parcela en cuestión 
   
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas

  
Infogauda / Salceda de Caselas

 No ano 2015, o alcalde de Salceda tomaba a decisión ensanchar o Camiño do Souto da Pedra (detrás da Praza de Abastos). Previamente, o Goberno Municipal iniciou conversacións cos propietarios das cinco parcelas afectadas co fin de acordar a cesión gratuíta das porcións de terreo precisas para executar as obras correspondentes.  

 Aínda que unha das propietarias das parcelas negouse a aceptar esa proposta de cesión gratuíta da parcela a ocupar, o Goberno Municipal procedeu a ocupar ilegalmente a finca por un total de 24,75 metros cadrados, sen acto administrativo previo, sen expediente de expropiación e sen comunicarlle á propietaria do terreo en cuestión esta decisión”, explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila.  

 Como consecuencia - engade Santiago Rodríguez -, o xulgado contencioso administrativo de Pontevedra ven de dictar sentencia firme, contra a que non cabe recurso ordinario algún, a través da que se condena á Administración salcedense a indemnizar á afectada pola cantidade de 22.404,94 euros ós que se lle deberán sumar as costas do procedemento.  

 “Unha vez máis, os veciños e veciñas de Salceda pagaremos (se non prospera a favor do Concello o recurso ante o TSXG que anunciou o Alcalde no pleno e que non nos consta) a través dos nosos impostos máis de 24.000 euros por tan só 24 metros cadrados de terreo, é dicir, máis de 1.000 euros por metro cadrado por culpa da xestión irresponsable do Alcalde; uns cartos que ben poderían ser empregados en moitas melloras que precisa o noso pobo, uns cartos que se suman á longa listaxe de despilfarros de Besada dende que dirixe o Goberno Local e uns cartos que el non pagará porque non vive en Salceda. Esta é una mostra máis do xeito de actuar do noso Alcalde: inquisidor, egoísta, irresponsable...” remata o voceiro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario