19 de dec. de 2017

SALCEDA DE CASELAS

DAVILA ACUSA A BESADA DE FALTA DE TRANSPARENCIA NA XESTIÓN DO GOBERNO 

A marxe dada ás asociacións e colectivos salcedenses para confirmar a participación na Comisión de Seguridade Local foi prácticamente nula   

 O alcalde que presume de transparencia non quere que se fale da inseguridade que sufrimos no pobo     


Infogauda / Salceda de Caselas 

 O pasado mes de agosto, os populares de Salceda de Caselas, a través do seu voceiro e presidente, Santiago Rodríguez Davila, presentaban unha moción sobre a ausencia de fondos destinados á Policía Local e Seguridade Cidadá, na que propuñan unha serie de acordos. Entre estes, a creación dunha Comisión de Seguridade Local na que participasen os representantes das asociacións e colectivos salcedenses que así o desexasen para que puidesen aportar queixas, ideas e información, para ser trasladadas con posterioridade, á Xunta Local de Seguridade.    

 Catro meses despois, a través dun escrito, o alcalde convidaba a pasada semana ás asociacións e colectivos do Concello a participar en dita comisión; un escrito - afirma Santiago Rodríguez Davila - mal explicado intencionadamente, que da lugar á confusión xa que non indica o fin da mesma e sen data nin número de rexistro de saída. Ademais, dito escrito foi entregado nos días 12,13 e 14 deste mes, dando unha escasa marxe –nalgúns casos inexistente- ás asociacións e colectivos para confirmar a súa participación, xa que a data límite para comunicalo era o día 15 e a sabendas de que moitas destas terían que realizar asambleas para tomar unha decisión ó respecto”.   

 “Por todo o anterior, vimos de presentar un escrito no día de hoxe, para instar ó Goberno Local a que realice unha nova convocatoria na que as asociacións e colectivos salcedenses conten, alomenos, cun mes de prazo dende a súa notificación para comunicar a súa asistencia ou non. Todo isto ven a demostrar, unha vez máis, o Alcalde que alardea de transparencia e de boa xestión non quere que se fale da inseguridade que hai no pobo (altercados, ruidos, roubos…), nin da falta de policía local que é máis que evidente, nin facilita que os veciños que participen na mencionada Comisión, conclúe o voceiro popular

Ningún comentario:

Publicar un comentario