30 de dec. de 2017

GONDOMAR

III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia


Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018 no Auditorio Municipal Lois Tobío



Infogauda / Gondomar


 A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío, de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.     

 Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.    

 A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A xesta vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os cabalos rosas brincan no patín

 A entrada será gratuíta e para todos os públicos.   

Programación   

Domingo 14 de xaneiro, ás 18:00 h. 
Os pintores clónicos, representada por Bertorella, de Morgadáns. 

Sábado 20 de xaneiro, ás 20:30 h. 
Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella, de Borreiros. 

Domingo 21 de xaneiro, ás 18:00 h. 
Pataclown, representada por Pritis- Guomis, de Gondomar. 

Sábado 27 de xaneiro, ás 20:30 h. 
Tecendo mentiras, representada por A Moura, de Chaín. 

Domingo 28 de xaneiro, ás 18:00 h. 
O espantallo, representada por Os cabalos rosas brincan no patín, de Viladesuso (Oia).        -

Ningún comentario:

Publicar un comentario