30 de dec. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS XA ESTÁN ORGANIZADO A PALETADA LACONADA 

Será o sábado día 13 de xaneiro, ás 13:30 h., no Hotel El Molino, de Camposancos



Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos


 Ainda non rematou este 2017 e a activa Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, xa deu a coñecer o programa de actividades para o mes de xaneiro de 2018. Iso acredita, unha vez máis, que o equipo humano é dinámico e está constantemente organizando actividades o longo de todo o ano.

 No mes de xaneiro de 2018, ademáis dunha chocolatada na Casa Cultural, ás 12:30 h., do día de Reis (6 de xaneiro), o programa conta con un concerto de jazz - a cárrego da Banda Daniel Casares Trío -, que terá lugar o día 12 de xaneiro, ás 20:00 h., na Casa Cultural.

 Asemade, como é tradicional, co gallo da festividade de San Amaro, terá lugar a Laconada - Paletada, que se celebrará o día 13 de xaneiro, ás 13:30 h., no Hotel El Molino, de Camposancos.

 Os tickets para asistir serán postos á venda o día 7 de xaneiro, de 11:00 á 13:00 h.; e tamén os días 8, 9 e 10, de 18:00 a 21:00 h., na Casa da Comunidade de Montes. 

 Tamén compre salientar que o día 20 de xaneiro, ás 20:00 h., na Casa Cultural, haberá unha suxerente actuación do Grupo de Saxos da Agrupación Musical do Rosal.

 Esa é a programación coa que a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, comezará o 2018 que agardamos veña farturento de boas novas para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario