15 de dec. de 2017

A GUARDA

OS COMERCIANTES COLABORAN NA CAMPAÑA «DECORA O TEU NADAL» ENGALANANDO A GUARDA 

Distintas asociacións empresariais guardesas, ademáis de numerosos comercios a título individual, uníronse á campaña 


Infogauda / A Guarda

 Distintas asociacións empresariais guardesas, ademáis de numerosos comercios a título individual, uníronse á campaña «Decora o teu Nadal» con diferentes aportacións á decoración nas rúas e outros espazos da nosa vila.   

 Así, a Asociación de Comerciantes Mercado do Reló aportou ao Nadal guardés unha caravana ‘branca’ da que as veciñas e veciños puideron gozar, a xeito de escenario fotográfico, durante o acendido do alumeado na Praza do Reló, organizado polo Concello o pasado martes 5 de decembro.   


 A asociación de empresarios ACIGU dispuxo, pola súa parte, un gran belén de luces na Alameda que permanecerá durante todo o Nadal iluminando o espazo público, xunto coas árbores luminosas colocadas polo Concello.   



 Completando o decorado, a asociación de empresarios AGUDE colocou, en colaboración cos centros escolares e o Concello da Guarda,máis dunha trintena de trineos con motivos propios do Nadal en distintos puntos da vila. 


 Amais destas iniciativas acometidas polas asociacións guardesas, foron numerosos os comercios que, a título individual, participaron no obradoiro de elaboración manual dunha árbore de Nadal, impartido por Maite Martínez Lomba no mes de novembro, ou ben elaboraron o abeto pola súa conta seguindo o vídeo titorial posto a disposición de todos os interesados.   

 Así as cousas, A Guarda loce nestas datas numerosas mostras do traballo conxunto dos vecinos e veciñas, comerciantes e asociacións, embelecendo a nosa vila.   

 «Decora o teu Nadal» 

 A campaña «Decora o teu Nadal» é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello da Guarda coa que se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral a contribuir á decoración conxunta, aportando así unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario