20 de nov. de 2017

CULTURA

No seu XX Aniversario 

A ASOCIACIÓN MUSICAL MASCARENHAS CONMEMOROU Á FESTIVIDADE DE SANTA ICÍA


José Luis Lorenzo Rodríguez, -a dereita da imaxe - e tódolos compoñentes de Acordeons Mascarenhas, recibindo os aplausos do respectable público, o remate do Festival do Acordeón, en homenaxe a Santa Icía
Foto: Kina Martínez García


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal


 A Asociación Musical Mascarenhas está de aniversario. Nada máis e nada menos que 20 anos de culto á música de acordeón, coa dirección de José Luis Lorenzo Rodríguez, ben merecen celebrarse. E así foi, como ademáis de conmemorar á festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, a Asociación Musical Mascarenhas, organizou un magnífico Festival de Acordeón que se celebrou na tardiña de onte. 

 O evento tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal, onde numeroso público da contorna non quixo perderse ás actuacións dos grupos, acordeonistas e artistas convidados: 

· Lembranzas do Rosal
· Acordeonistas solistas: Daniel Vilanova, Roberto Comesaña e César Verde.
· Cantautora: María José Baz
· Acordeons Mascarenhas

 Presentado por Loli Portela González, o festival foi, como ela ben dixo, unha viaxe musical máis aló  do Atlántico, con escalas en México, Cuba, Brasil, España,..., e por suposto, con un retorno o noso país: Galicia. 

 Temas de onte e de sempre, como "Bésame mucho", de Consuelo Velázquez; "Acuarela brasileira", de Silas de Oliveira; "El manisero", de Moisés Simons; "El cumbanchero", de Rafael Hernández Marín; "O son do ar", de Bieito Romero; "Pasadoble guardés", e "Pandeirada do Rosal, de José Luis Lorenzo Rodríguez; "Ponteareas", de Reveriano Sotullo"Arghaceiro", de Isidro Pérez González,..., que fixeron as ledicias de un público que desde o minuto 1 ata o remate do festival, estivo totalmente atento o que acontecía no escenario. Pois foi alí, onde as notas musicais dos acordeons, en irmandade con outros instrumentos, como a percusión de Antonio González Melón, a flauta traveseira de Laura González Portela, as voces de Laura González González e Míriam Vicente Lomba, e a voz de María José Baz e súa guitarra, nos ofreceron dúas horas de música que foron todo un agasallo para os sentidos.

 Houbo, ademáis, como correspondía nunha ocasión como esa, agasallos para os participantes, para os correspondentes de prensa da zoa, e por suposto para os compoñentes de Acordeons Mascarenhas. Fátima Daval Rocha, presidenta da Asociación Musical Mascarenhas foi quen se ocupou se facer a entrega dos presentes. E houbo tamén, unhas verbas tan acertadas como merecidas, para Ermitas, a compañeira e esposa de José Luis Lorenzo Rodríguez, que recibiu un agasallo ofrecido polas persoas que forman esa gran familia musical que é Acordeons Mascarenhas, que ten a José Luis Lorenzo Rodríguez como referente, tanto no persoal como no cultural. Por certo, que tamén houbo un agasallo para José Luis: unha batuta, que estreou onte mesmo. A ocasión non era para menos.

  Tamén compre salientar ás acertadas verbas que Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura do Concello do Rosal, lle adicou o fundador e director de Acordeons Mascarenhas, decindo que esta Asociación Musical que cumple vinte anos, está no mellor da vida, e que sempre terán o apoio do concello rosaleiro. 

 Charo Tabales tamén lle fixo entrega a José Luis Lorenzo Rodríguez, de un ramo de flores como testemuña de agradecemento.

 E así, en síntese, foi como a Asociación Musical Mascarenhas quixo celebrar a festividade da patroa dos músicos e conmemorar seu XX Aniversario.

 Parabens Mascarenhas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario