20 de nov. de 2017

A GUARDA

O BNG presenta moción polo 25 de novembro, Día da non violencia de xénero  

María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), concelleira do BNG no Concello de A Guarda
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción co gallo do 25 de novembro “Día da Non Violencia de Xénero”.  

 Dende o BNG existe constancia de que se rexistraron en Galiza, cando menos 55 feminicidios entre 2010 e o que vai de 2017. Pontevedra tivo no ano 2015 a tasa máis alta de Galiza e a terceira máis alta do estado español”, relembrou María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), concelleira do BNG no Concello de A Guarda.

 O BNG insiste - engade a concelleira do BNG - en que se debe comprometer ás institucións, destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para este fin. Estamos por transformar a sociedade na que vivimos, reducindo a fortaleza do patriarcado, e a subordinación ao xénero masculino superando a desigualdade e a violencia que sofren as mulleres.  

 “Dende o BNG traballamos para avanzar na concreción do pacto galego contra a violencia machista e destinar o 1% do orzamento do 2018 á prevención e loita contra a violencia, aumentar e mellorar os recursos xudiciais, acompañamento das mulleres e que sexan atendidas por persoal especializado, durante o proceso xudicial. Polo que pedimos o compromiso das corporacións ás mobilizacións locais e nacionais.” concluíu Merchi Martínez. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario