20 de nov. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda insta á Xunta a arranxar a deteriorada marquesiña da Gándara  

Marquesiña da Gándara
Pancarta na marquesiña
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  Adxuntando ás fotografías que reproducimos, a Concellería de Tráfico, do Concello de A Guarda ven de remesar a este xornal dixital, o seguinte comunicado:

 “Dende a Concellaría de Tráfico instamos á Dirección Xeral de Mobilidade a arranxar a marquesiña situada na estrada PO 552 á altura do no barrio da Gándara, pois esta carece de tellado e os asentos presentan puntas que poden resultar perigosas para as e os usuarios.   

 Postos en contacto co órgano dependente da Xunta de Galicia, pasados xa 8 meses, estes non só non teñen arranxado a marquesiña da que son competentes, senón que tampouco contestaron ao escrito, no que se urxía a reparación da cuberta.   

 Coñecedores de que son numerosos os veciños e veciñas que a usan e deben soportar as inclemencias do tempo, dende o Concello compartimos a indignación da veciñanza e o lema da pancarta que estes días apareceu na devandita parada de autobús, pois dado o estado actual da marquesiña, a situación pode describirse como vergoñosa.   

 Así as cousas, instamos novamente á Xunta de Galicia a que repoña ou repare a cuberta no barrio da Gándara na maior brevidade posible

Ningún comentario:

Publicar un comentario