22 de set. de 2017

VIGO

FORMACIÓN EN IGOALDADE, 2017

A Secretaría da Muller da CIG de Vigo convida as persoas interesadas a inscribirse 

Nesta nova edición haberá catro obradoiros e un Encontro entre Mulleres e Palabras 


Infogauda / Vigo

 A iniciativa, que unha vez máis se celebra grazas á colaboración da Concellería de Igualdade de Vigo, terá lugar nesta ocasión baixo o lema 'Empoderamento das palabras' e constará de catro obradoiros e dun Encontro entre Mulleres e Palabras, onde se compartirán experiencias e actividades con autoras recoñecidas dentro da escrita, tanto no eido da poesía como da narrativa. 

 Segundo explican dende a Secretaría da Muller da CIG-Vigo, o obxectivo é usar as palabras coma unha ferramente para o empoderamento. “Ademais, nos diferentes talleres coñeceremos a autoras como María Reimondez, Ledicia Costas, Eva Mejuto, An Alfaya, Dolores Ruíz, Rosa Martínez, Marta Dacosta, Cruz Martínez, Berta Davila, Susana Arins, Eli Ríos e Su Garrido Pombo”.


 As persoas interesadas en participar poden inscribirse no enderezo electrónico escolaempoderamento17@gmail.com, chamando ao 986 827 900 ou no propio local da CIG de Vigo (Gregorio Espino, 47. Entrechán). 


 Para poder asistir ao Encontro entre Mulleres e Palabras haberá que abonar 20 euros no propio local sindical a partir do luns 2 de outubro. A participación será por riguroso orde de inscrición até completar o aforo. No momento de anotarse farase entrega do programa do encontro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario