TRIBUNA ABERTA
ALERTA NO SERVICIO DE POLICÍA PORTUARIA
Diego González Domínguez (*)
A Policía Portuaria de Vigo está a sufrir nas suas carnes o abandono que o Sr. López Veiga ten hacia o Porto de Vigo. Neste último mes os servicios que se están a prestar están baixo mínimos alarmantes debido a una decisión do “mandamais” do Porto de non permitir que os seus axentes realicen Xornadas Disponibles. Estas Xornadas Disponibles son xornadas de traballo que @s Policías Portuarios realizan cando se precisa un reforzo especial ou se produce un imprevisto e son chamados para traballar nun dos seus días de descanso a cambio de 70 euros e outra xornada libre compensatoria a devolver cando á Autoridade Portuaria de Vigo (APV) lle sexa posible (sempre dentro do mesmo ano natural). Según López Veiga lle comentou ó comité de empresa esa medida a tomou debido a una advertencia de Portos do Estado na que lle ameazaba con disminuír a masa salarial do Presidente e da directora da APV se se excedían da masa asignada para productividade, que é a masa na que repercuten as xornadas disponibles. Esa advertencia é producto dun exceso de 76.000 euros sobre a productividade no exercicio do ano 2016, pero ese exceso viu producido na meirande parte por culpa da política de recortes que o Sr. Veiga ven aplicando dende a súa entrada no Porto de Vigo no 2015 e cunha reducción dun 10 % do plantel da APV. Inda que ese exceso de 76.000 euros é real, o Sr. Veiga e a Sra. Beatriz Colunga (Directora da APV) non contan toda a verdade e manexan as cifras como lles ven en gana (cousa que fan ás mil maravillas…) e non nos contan que no que se refire á masa salarial xeral da APV, a diferencia é de CATROCENTOS MIL euros por debaixo da asignada (debido tamén a esa política rácana e austera, sempre en contra do traballador). Se con eses datos o Sr. Veiga non é quen de rebatirlle a advertencia a Portos do Estado non nos extraña que o Porto de Vigo estease a afundir de maneira alarmante e se sigan a perder tráficos e as grandes Navieras marchen para os Portos veciños (aquí temos que recordar a marcha da Maersk, o descenso das escalas de cruceiros e tamén as pifias nas grandes obras que se realizan últimamente), e quizais Portos do Estado teña razón e o que cobran estes xestores non é acorde co que xeneran…. O que temos claro dende a C.I.G é que o Sr. Veiga seguirá culpando ós estibadores ou ós inspectores do P.I.F, ou ás influencias do marido da ministra ou incluso ós seus propios traballadores, pois a autocrítica parece que non vai con el…
Xa en varias ocasións a Policía Portuaria se viu moi pouco protexida polo seu presidente e nestes últimos meses a situación é crítica, chegando a prestar servicio con ata catro Policías por debaixo do que debería ser normal e durante o transcurso de eventos potencialmente perigosos debido á masificación de xente e a venta de bebidas alcoholicas. Sen entrar xa no sucedido na última edición do Marisquiño onde os axentes se viron obligados a facer algún parte de servicio indicando a pouca presencia da Policía Portuaria no peirao, este últimos fins de semana se volve a repetir a situación, colmándose o vaso este mesmo mes de setembro onde conflúen a Oktober Fest na Estación Marítima, o festival Vigo Street Stunt na zona do Náutico e Comercio e a feira VigoMar ou festa do Marisco do Berbés e o reforzo é inexistente, chegando a estar menos axentes de servicio que un día normal e corrente sen eventos nin cruceiros de por medio e tódalas semanas hai grandes carencias no servicio.
A C.I.G advirte que a APV está a por en perigo ós seus traballadores, ós usuarios do Porto, ós visitantes ós diversos eventos e ás instalación portuarias, e ven alarmante o servilismo de moitos mandos intermedios que permiten que se poña en perigo á Policía Portuaria, que sempre son os primeiros en chegar a calquer incidente que se produce dentro da zona Portuaria.
Como venimos dicindo en numerosas ocasións, á seguridade da xente non se lle pode poñer precio e na Autoridade Portuaria de Vigo parece que están esperando a que suceda una desgracia para darse conta…
* Presidente do Comité de Empresa da APV e Voceiro da C.I.G Portos
Ningún comentario:
Publicar un comentario