15 de set. de 2017

OPINIÓN

TRIBUNA ABERTA

Á FAZAÑA” DO EMPREGO MASIVO DE HERBICIDA NAS ESTRADAS 



Andrea Pousa Barros / Goián

 Enfado é pouco para manifestar o cabreo que teño esta mañá de venres 15 de setembro. Camiño do traballo, hacia Goián, concretamente na estrada PO-552, (adxunto foto do lugar); observo como maquinaria de carretera, con dous operarios, van fumigando a cuneta deste tramo, con emprego masivo de herbicida que sen lugar a dudas é perxudicial para o medio ambiente; que contamina augas e cultivos, debería estar prohibido e ata sancionado, por non falar e pensar nos nosos animais, cans, gatos, que por calquer circunstancia pasen, paseemos, etc. por ese tramo e outros das estradas da comarca. 

 Fixen as miñas pesquisas de saber a quen corresponde semellante “fazaña, dende o Concello informaron que este tramo en concreto corresponde e é competencia da “Xunta de Galicia”, e que quede claro que me da igual a quen pertenza este tramo, para min é o mesmo de grave de donde proceda, e considero que estas prácticas non se deben permitir, todos sabemos que o glifosato, é un potente herbicida que a OMS calificou como “probable cancerígeno”, e está sendo usado de forma masiva en toda Galicia, sabendo que a Unión Europea está a punto de prohibir o seu uso, ¿por qué temos que esperar a esta prohibición? ¿Por qué non se toma conciencia dos datos, e se toman as medidas pertinentes antes, evitando o uso deste veneno? ¿Para qué están os desbroces mecánicos e manuais de sempre, que hoxe en día xa contan con medios avanzados para facilitar este tipo de limpeza de cunetas, sin deixar un aspecto desolador a queimado e concentración de veneno nas nosas cuneta?  ¿Por qué non se toma exemplo do Municipio de Ponteareas, concello que foi un dos primeiros en Galicia en declararse libre de glifosato para o mantemento de vías e estradas? 

 Convido a todos os amigos e coñecidos que teñan sensibilización por estes temas firmen a petición para prohibir o glifosato, exigir a reforma do proceso de aprobación de pesticidas na Unión Europea e o establecemento de obxetivos concretos e obligatorios para reducir o uso deste veneno na Unión Europea. 

 Facilito un enlace para firmar esta petición. 

 Saúdos e bó día a todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario