O concello de Oia recibirá este ano máis de 41.000 euros de medio rural para o acondicionamento de camiños municipais
A conselleira Ángeles Vázquez avaliou esta achega coa alcaldesa da localidade pontevedresa, Cristina Correa, e salientou a importancia desta iniciativa para mellorar a calidade de vida dos veciños e a mobilidade de persoas e mercadorías
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa
Infogauda / Oia
O concello de Oia recibirá este ano unha axuda de 41.193,6 euros por parte da Consellería do Medio Rural para acondicionar a súa rede de camiños municipais. Estes fondos servirán para poñer en valor estas vías de comunicación, co fin de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e facilitar o movemento de persoas e mercadorías.
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, para avaliar estas achegas. Ambas coincidiron na importancia destas actuacións para favorecer a fixación da poboación no agro, así como para facilitar a saída dos produtos agroalimentarios cara os diferentes mercados.
Estes fondos forman parte do total de 3,2 millóns de euros achegados este ano por Medio Rural para todos os concellos da provincia de Pontevedra, no marco do plan de mellora de camiños municipais. O reparto destas partidas fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario