28 de set. de 2017

O ROSAL

O goberno de Carmela Silva achega máis de 10.000 euros ao Rosal ao abeiro do Plan Concellos 2017 

A institución provincial leva entregado o 71,43% do total destinado ao Rosal dentro do Plan, cun investimento situado en máis de medio millón de euros


Infogauda / O Rosal

 A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial unha nova achega ao concello do Rosal, no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 10.104,00 € para a compra de tres terreos para a creación e mellora dos servizos municipais.  

 Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara ao Rosal outros 180.964,83 € na liña 1 para equipar o auditorio municipal, o taller de carpintaría e a recollida selectiva de lixo, así como para a mellora da estrada de Couselo e a urbanización da estrada da Devesa, para a adquisición dun vehículo para o servizo de vías e obras, dunha máquina fregadora para o Pavillón Municipal, dunha máquina de detección de fugas na rede de abastecemento e equipamentos deportivos e tamén para renovar o equipamento de megafonía do Pavillón Municipal. Á marxe da liña 1, outros 83.453,3 € en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como a Feira do Viño, a Festa do Cabaqueiro, a mostra da camelia ou a festa popular do Pilar. Finalmente outros 122.875,92 € en liña 3 para a contratación de 14 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.  

 Coa suma desta nova achega, O Rosal xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 71,43% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 397.398,05 € dun total de 556.355,34 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario