21 de set. de 2017

A GUARDA

A Deputación de Pontevedra subvenciona a adquisición de mobiliario urbano



Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra concedeu este ano unha subvención cunha dotación total de 23.558,72 euros ao Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2016, para a realización dun investimento en mobiliario urbano.  

 A Corporación local destinou a axuda á adquisición de xardineiras e bancos, entre outros elementos de mobiliario urbano, cuxo orzamento total rondou os 24.600 euros, sendo o importe restante ao aportado pola Deputación provincial asumida polo Concello das Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario