6 de xul. de 2017

SABARÍS (BAIONA)

A ESCOLA DE MÚSICA DE MOUGÁS VAI CELEBRAR O II FESTIVAL DE BANDAS-ESCOLA DE MOUGÁS

Actuarán a Banda Escola da Agrupación Musical de Belesar, a Banda da Escola de Música de Vilaboa e a Banda-Escola da Unión Musical de Mougás

Será o venres día 14 de xullo, ás 20:00 h., na praza Victoria Cadaval, de Sabarís 


Sara Costas / Sabarís (Baiona)

 O venres 14 de xullo, a Escola de Música de Mougás vai celebrar en colaboración coa Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, o 2º Festival de Bandas-Escola de Mougás. O acto será na praza Victoria Cadaval, de Sabarís (Baiona) e dará comezo ás 20:00 h. 

 Actuarán a Banda Escola da Agrupación Musical de Belesar, a Banda da Escola de Música de Vilaboa e a Banda-Escola da Unión Musical de Mougás (somos os anfitrións). En total contaremos con preto de 100 nenos que compartirán escenario e demostrarán o marabillosa que é a música. 

Ningún comentario: