6 de xul. de 2017

LABORAL

PROTESTA DA CIG PARA DENUNCIAR A REPRESIÓN SINDICAL NA EMPRESA AUTOCARES OJEA

A CIG desenvolveu hoxe unha nova protesta diante da estación de autobuses de Ponteareas para denunciar a represión sindical na empresa autocares Ojea
Fotos: CIG


Infogauda / Ponteareas

 A CIG desenvolveu hoxe unha nova protesta diante da estación de autobuses de Ponteareas para denunciar a represión sindical na empresa autocares Ojea despois de que a compañía despedise un afiliado da central. 



 A protesta, que se desenvolveu de 11:00 a 12:00 horas, trasladouse tamén até o interior do edificio, ás portas das oficinas da empresa. O xuízo para reclamar a nulidade do despedimento terá lugar o vindeiro 25 de agosto en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario