24 de xul. de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 1ª COPA DE ESPAÑA DE JÓVENES PROMESAS 

Na imaxe á representación do Club Deportivo Miño-Teixugos que viaxou a Sort (Lleida)

Informa (Fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 A pasada fin de semana celebrouse en Sort, Lleida, a 1ª Copa de España de Jóvenes Promesas, na que compiten as pequenas promesas do slálom español. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con cinco pequenos deportistas, a maioría dos cales participaron tanto en C1 como en K1. 

 O sistema é similar ao que se usa nas competicións sénior, o sábado fixéronse dúas mangas , da que se contou a mellor de cada nena ou neno, o domingo repítese o mesmo sistema, e a clasificación final ven dada pola suma dos puntos dos  postos obtidos en cada un dos dous días. 

Ariadna  Pereira, gañadora na categoría K1 Cadete Muller

Alba Soutelo foi terceira en C1 Infantil-B muller 

Samuel Castro foi segundo en C1 Infantil-B home

 Sergio Martínez foi terceiro en en K1 Infantil-B home

 En K1 Cadete Muller, Ariadna  Pereira foi a gañadora da categoría. Alba Soutelo foi terceira en C1 Infantil-B muller e décima en K1 Infantil-B . Ainhoa Barreiro foi octava en C1 Infantil-B muller e novena en K1 Infantil-B. Samuel Castro foi segundo en C1 Infantil-B home e undécimo en K1 mentras que o seu compañeiro Sergio Martínez foi terceiro en en K1 Infantil-B home  e sexto en C1. 

 Unha medalla de ouro, outra de prata e dúas de bronce son un inmellorable balance para a xornada. Na clasificación final por equipos, o club Deportivo Miño rematou en quinta posición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario