31 de xul. de 2017

DEPORTES

ELSA PENA VICENTE, DE A GUARDA, CAMPIOA GALEGA INFANTIL DE TRIATLÓN 2017

Elsa Pena Vicente - no centro da imaxe -, logo de proclamarse campioa de Galicia infantil de Triatlón 2017, compartindo podio con dúas compañeiras do seu equipo, Cidade de Lugo Fluvial

Informa (fotografías e redacción): Alberto Pena Lomba

 Máis de trescentos deportistas de 22 clubs galegos participaron o sábado día 29 de xullo, no Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores, que se celebrou en Ferrol, nunha xornada con moitas emocións, carácter e gran ambiente. Na clasificación por equipos final (trala suma de todas as categorías) proclamouse campión galego o Cidade de Lugo Fluvial, con 762 puntos, mentres que segundo foi o Arcade Inforhouse (709) e terceiro, Tríatlon Ferrol (708). 


As imaxes reflicten dous intres da participación de Elsa Pena Vicente no Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores

 A xornada comezou cun pouco de choiva que a medida que ían avanzando as probas foi desaparecendo, para permitir ao numeroso público asistente gozar coa magnífica actuación das e dos nosos triatletas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, que loitaron ao máximo por acadar o título de campións galegos, tanto a nivel individual coma para os seus clubes. Unha fermosa xornada para ver en acción ao tríatlon galego do futuro. 

 Así os campións galegos nas diferentes categorías foron: 

Benxamín feminino: 
Individual: Inés Serantes (Natación Cedeira). 
Equipos: Natación Cedeira. 

Benxamín masculino: 
Individual: Damián Suárez (Natación Cedeira). 
Equipos: A.D. Fogar. 

Alevín feminino:  
Individual: Victoria Ana Cons (Motobike Galaico Pontevedra).
Equipos: Arcade Inforhouse. 

Alevín masculino: 
Individual: Iago Otero (Talleres David Tríatlon Compostela). 
Equipos: Cidade de Lugo Fluvial. 

Infantil feminino: 
Individual: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial). 
Equipos: Cidade de Lugo Fluvial. 

Infantil masculino: 
Individual: Juan Pablo Díaz (Arcade Inforhouse). 
Equipos: A.D. Fogar. 

Cadete feminino: 
Individual: Henar Diana Cons (Motobike Galaico Pontevedra).
Equipos: Náutico de Narón. 

Cadete masculino: 
Individual: Jorge González (Natación Riveira). 
Equipos: Cidade de Lugo Fluvial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario