7 de xul. de 2017

A GUARDA

As escolas do Campus Deportivo trasládanse á Fortaleza de Santa Cruz

Para realizar actividades culturais e lúdicas de forma conxunta

Un taller, relacionado co manexo das pedras, permitiu os participantes coñecer as técnicas de uso e creación de ferramentas prehistóricas
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Os máis de 100 nenos e nenas participantes no Campus Deportivo organizado polo Concello da Guarda trasladáronse durante a mañá deste venres á Fortaleza de Santa Cruz, onde realizaron actividades de carácter cultural e lúdico de forma conxunta.  

Os monitores e participantes no Campus Deportivo organizado polo Concello da Guarda, trasladáronse durante a mañá deste venres á Fortaleza de Santa Cruz


 Os membros das tres modalidades deportivas ofertadas no Campus conviviron na fortaleza guardesa, onde realizaron unha xincana orientada á busca de distintos elementos agochados no recinto e relacionados coa Fortaleza de Santa Cruz e a súa historia.  

As rapazas e rapaces realizaron un obradoiro de cerámica, no que puideron practicar técnicas de modelado do barro


 Nesta xornada de programación especial, ademais, as rapazas e rapaces realizaron un obradoiro de cerámica, no que puideron practicar técnicas de modelado do barro. Un segundo taller, relacionado co manexo das pedras, permitiu os participantes coñecer as técnicas de uso e creación de ferramentas prehistóricas. Ámbolos dous obradoiros leváronse a cabo coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2017 e como actividade relacionada co centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).

 As escolas de balonmán, fútbol e baloncesto continuarán coas súas actividades deportivas o próximo luns e finalizarán o venres 14 de xullo, coa celebración dunha festa da espuma como acto de despedida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario