23 de xul. de 2017

A GUARDA

ÉXITO TOTAL DA Iª MOSTRA DO CENTRO DEPORTIVO BAIXO MIÑO

Máis de mil persoas presenciaron o evento deportivo no Estadio Municipal da Sangriña



Así -totalmente ateigadas de público - se atopaban o pasado venres, ás gradas do Estadio Municipal da Sangriña 

Informa (Fotografías e Redacción): Miguel Reboredo Otero / A Guarda

 Mais de mil persoas asistiron á Iª Mostra do  Centro Deportivo Baixo Miño, que tivo lugar o pasado venres no Estadio Municipal da Sangriña, e é sorprendente tanto a puntualidade para comezar (21:30 horas) como a gran afluencia de público que asistiu. 






 Comezouse nomeando ós catro judocas dependentes deste centro que non puideron asistir ó acontecemento por mor dos seus compromisos deportivos: Elena Cañibaro, Brais Pereira e Carlos Reboredo, que se atopan na República Checa disputando a Copa de Europa Júnior, e Tecla Cadilla, que está en Xapón, concentrada coa Selección Española. 



 Posteriormente unha preciosa posta en escea de todos os seus deportistas e a fermosa coreografía que acompañaba a cada actuación non só mereceu os aplausos de mais de mil guardeses e poboación da contorna, senón tamén a ademiración destes deportistas ó público que lles correspondía. 




 A posta de largo non puido ser mais triunfadora. Un éxito rotundo que fixo tremer ó Estadio Municipal da Sangriña. Foi un evento que dará moito que falar en días vindeiros e que puxo o listón moi alto para as seguintes galas deportivas.

 Ó remate da mostra se entregaron ramos de flores ós colaboradores e ás fundadoras do Centro Deportivo, Beatriz e Mónica Pacheco, que visiblemente emocionadas por tan calorosa acollida non puideron evita-las bágoas de emoción, das súas facianas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario