16 de xuño de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

GALIZA NOVA LANZA O SEU NOVO VOCEIRO "MOCIDADE" 


Infogauda / Baixo Miño

 Un ano máis, Galiza Nova vén de publicar una nova edición do seu voceiro nacional, o Mocidade, que xa se atopa no número 43. Desta volta contén artigos moi diversos, sobre precariedade laboral, sobre a situación da lingua, ou sobre cuestión LGTBI, mesmo un sobre a incidencia de ENCE na Ría de Pontevedra. Ademais, tamén levan adiante una análise da situación internacional actual, tanto coa preocupación polo auxe do fascismo en Europa, como sobre o empoderamento das mulleres no Kurdistán.  

As mocidades do BNG queren facer chegar así ás mozas e mozos deste país a súa visión de Galiza e do mundo
Foto: Galiza Nova

 Tras a publicación desta nova edición, as militantes de Galiza Nova levaron a cabo repartos de Mocidades durante toda a mañá do día de hoxe. En Tui os repartos tiveron lugar no IES San Paio e IES Indalécio Perez Tizón. Estes repartos sucedéronse simultáneamente noutras vilas e cidades do país sobre o que o Secretario Xeral, Alberte Fernández declarou que “nesta nova edición do Mocidade facemos un repaso por temas de actualidade, desde a potencialidade de Galiza como país, ate o proceso de independencia do pobo catalán, que seguimos moi de preto”.  

 As mocidades do BNG queren facer chegar así ás mozas e mozos deste país a súa visión de Galiza e do mundo, as dificultades que enfrontamos e cales son as posicións de Galiza Nova antes todas elas.  

 O Responsábel Comarcal no Baixo Miño, André Vidal, declara que Galiza Nova considera fundamental que a mocidade poida ter acceso a outro tipo de información, non subordinada aos medios do poder. Asimesmo declara que “o que nos preocupa é que a mocidade galega coñeza o que pasa no seu país de primeira man, desde nós, as mozas e mozos que cada día traballamos para espallar a mensaxe do nacionalismo galego”.  

 Ademais, na contraportada do Mocidade, podemos atopar o cartaz deste ano do Festigal, que se celebrará os días 24 e 25 de Xullo en Compostela. André Vidal convida a toda a mocidade da comarca a asistir a este festival para celebrar todas xuntas a Festa da Patria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario