21 de xuño de 2017

A GUARDA

O SORTEO DE TAPEARTE 2017 TRASLÁDASE PARA O XOVES 6 DE XULLO  


Infogauda / A Guarda

 Despois de 5 fins de semana rematou a quinta edición da ruta gastronómica Tapearte e que na que repartiron centos de tapas cada día. 

 Desde a Oficina de Turismo Municipal do Concello de A Guarda afirman que "debido ao éxito de participación as urnas contan con centos de pasaportes que teñen que ser revisados. Ademais de contabilizar a valoración de cada tapa puntuada para despois coñecer os establecementos gañadores do Concurso a Mellor Tapa 2017 e por último proceder a realización do sorteo despois de validar todos os pasaportes. Este proceso leva o seu tempo polo que a Concellería de Turismo acordou trasladar a realización do sorteo xa que se atopa inmersa na organización e promoción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira". 

 En definitiva o resultado do sorteo dos premios e do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte nas dúas categorías trasládase ao xoves 6 de xullo e informarase telefónicamente aos gañadores. 

  A ruta gastronómica Tapearte foi organizada polo concello guardés coa colaboración dos 23 restaurantes e bares de A Guarda, e co patrocinio de DISRAMO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario